Saltar ao contido

Cultura Financeira · 3.º de ESO · Segundo trimestre

Unidade 5 · O meu orzamento

Test autocorrixible · Libro do alumnado, páxs. 73–88

20 preguntas. Escolle unha resposta en cada unha e preme «Corrixir». Verás se acertas, por que e en que páxina do libro se explica. As preguntas e as respostas cambian de orde cada vez. As túas respostas non se gardan nin se envían.

1. Que é un orzamento?
2. Cal é o primeiro paso antes de planificar?
3. Que é un imprevisto?
4. Berta gasta 1,20 € nunha bebida tres días dunha semana. Que tipo de gastos son?
5. Saldo = …
6. Lucía ingresa 40 € e gasta 32 €. Que saldo ten?
7. A recarga do móbil de cada mes é un gasto…
8. Que é un déficit?
9. Que é o método de sobres ou botes?
10. Coa regra 50/30/20 e 40 €, canto vai a aforro?
11. A regra 50/30/20 é…
12. A resposta de IA di a Dani que lle «sobran 13 €». Que esquece?
13. Que diferenza hai entre unha necesidade e un desexo?
14. Algo urxente é algo que…
15. Que é o custo de oportunidade?
16. Que é a contabilidade mental?
17. Se os gastos superan os ingresos, que se pode facer?
18. A viaxe custa 320 € e na casa cobren 200 €. Canto falta?
19. Faltan 120 € para reunir en 5 meses. Canto é a cota mensual?
20. Lucía xa aparta 8 € ao mes. Canto máis debe atopar cada mes?