Saltar ao contido

Cultura Financeira · 3.º de ESO · Segundo trimestre

Unidade 6 · Aforrar e conseguir ingresos

Test autocorrixible · Libro do alumnado, páxs. 89–104

20 preguntas. Escolle unha resposta en cada unha e preme «Corrixir». Verás se acertas, por que e en que páxina do libro se explica. As preguntas e as respostas cambian de orde cada vez. As túas respostas non se gardan nin se envían.

1. Aforrar é…
2. Iker precisa 270 € e aforra 25 € ao mes. Cantos meses precisa?
3. Por que se arredonda cara arriba o número de meses?
4. Un obxectivo SMART é…
5. Que é un fondo de emerxencia?
6. Onde debe estar un fondo de emerxencia?
7. Berta ten un fondo de 60 € e rómpenselle unhas lentes de 45 €. Canto queda?
8. Por que unha saída con amigos non se paga co fondo?
9. Que significa «págate primeiro»?
10. Que teñen en común os sistemas de aforro?
11. No reto de semanas adaptado, a semana 52 achega 5,20 € e o total é 137,80 €. Que parte é?
12. Que axuda a aforrar segundo o estudo de Thaler e Benartzi?
13. Cal é un ingreso legal aos 14 ou 15 anos?
14. Que di a norma sobre traballar antes dos 16 anos?
15. Pídenche ingresar diñeiro antes de poder gañar diñeiro. Que fas?
16. Para vender un obxecto propio, que fai falta?
17. Que diferenza hai entre aforrar e investir?
18. Comprar unha moeda dixital porque «seguro que sobe» é…
19. Que lle fai a inflación a 100 € gardados un ano?
20. Que di a aversión á perda?