Saltar ao contido

Cultura Financeira · 3.º de ESO · Primeiro trimestre

Unidade 4 · Ingresos, nómina e impostos

Test autocorrixible · Libro do alumnado, páxs. 57–72

20 preguntas. Escolle unha resposta en cada unha e preme «Corrixir». Verás se acertas, por que e en que páxina do libro se explica. As preguntas e as respostas cambian de orde cada vez. As túas respostas non se gardan nin se envían.

1. Que son os ingresos?
2. Unha bolsa de comedor é…
3. Desde que idade se pode ser admitido a traballar?
4. Un ingreso é variable cando…
5. Que é a nómina?
6. Nunha nómina, os devengos son…
7. Que é o líquido a percibir?
8. Un contrato de 18.000 € brutos ao ano en 14 pagas, canto é cada paga?
9. Vera ten un bruto de 1.500 € con cotizacións do 6,55 % e IRPF do 2 %. Cal é o seu líquido?
10. Sobre que se calcula a retención de IRPF na nómina de Vera?
11. Que cifra convén usar ao planificar o teu diñeiro?
12. O salario mínimo de 2026 é de 1.221 € en 14 pagas. Que é en 12 pagas prorrateadas?
13. Que é un imposto?
14. O IVE é un imposto…
15. Unha chaqueta custa 21,00 € co 21 % de IVE incluído. Canto IVE leva?
16. Que significa que o IRPF é progresivo?
17. Con que se paga o Estado do benestar?
18. Segundo o dato de 2024, cal é a partida maior do gasto público español?
19. Hugo gasta 8,70 € en tres compras e paga 1,04 € de IVE. Que parte do gasto é IVE?
20. Traballar sen contrato nin alta na Seguridade Social é…