Saltar ao contido

Cultura Financeira · 3.º de ESO · Terceiro trimestre

Unidade 10 · Fraudes e ciberseguridade

Test autocorrixible · Libro do alumnado, páxs. 153–168

20 preguntas. Escolle unha resposta en cada unha e preme «Corrixir». Verás se acertas, por que e en que páxina do libro se explica. As preguntas e as respostas cambian de orde cada vez. As túas respostas non se gardan nin se envían.

1. Que é a suplantación de identidade?
2. Un SMS de «paquete retido» cunha ligazón é un caso de…
3. Cal é a regra de ouro ante unha mensaxe que che pide contrasinais ou pagamentos?
4. Quen envía 10.000 mensaxes e consegue que pique o 2 %, a cantas persoas engana?
5. Un descoñecido di que che compra a sudadeira e envíache unha ligazón «para que cobres». Que quere?
6. Unha «mula de diñeiro» é alguén que…
7. Recibes unha mensaxe de «a túa curmá» con outro número que pide 120 € para un taxi. Que fas?
8. Un correo ben escrito e co logotipo correcto, é seguro?
9. Os datos persoais son…
10. O PIN da túa tarxeta é un dato…
11. Segundo a lei citada no apartado 10.3, desde que idade podes dar ti mesmo o consentimento para tratar os teus datos?
12. O que publicas en internet…
13. Como é un contrasinal seguro?
14. Cantas combinacións ten un PIN de 4 díxitos?
15. Que engade o dobre factor?
16. Alguén que di ser do banco pídeche o código que che chegou por SMS. Que fas?
17. Se cres que caíches nun fraude con tarxeta, que fas primeiro?
18. Para que serve gardar as capturas e os xustificantes?
19. Que é a liña 017 de INCIBE?
20. Se es menor e te enganaron, que convén facer?